O Partido Galeguista no “Día da Galicia Mártir” homenaxeará ao que fora o seu Secretario Xeral, Alexandre Bóveda

Un ano máis, o vindeiro martes 17 de Agosto, “Día da Galicia Mártir”, o Partido Galeguista sempre ao carón da Fundación Alexandre Bóveda, voltamos a lembrar ao que fora o noso Secretario Xeral e Secretario de Organización, asasinado no Monte da Caeira. Ao cumplirse 85 anos do seu pasamento honraremos a súa figura diante do seu panteón no camposanto de San Mauro (Pontevedra)
Estarán presentes tanto a familia de A. Bóveda e a súa filla Amalia Bóveda; e comunicaron tamén a súa presencia a familia de Antón Losada Dieguez.
Os actos comezaran ás 18 horas con un acto relixioso na capela do camposanto; deseguido á 18,45 tera lugar no panteón de A. Bóveda a ofrenda floral e as intervencións da memoria.
Os Galeguistas aspiramos a que chegue o día en que non teñamos que reivindicar con éstes actos o recoñecemento e lembranza dos mártires galegos, daquelas persoas que deron as súas vidas en favor do recoñecemento e a grandeza de Galicia como nación diferenciada no conxunto dos pobos da Peninsula Ibérica de Europa e do Mundo. Mantemos a traxectoria iniciada no ano 1986, no que demos continuidade á reivindicación que o PG iniciou en Bos Aires da mán do que fora o primeiro dos Presidentes de Galicia, Alfonso Rodriguez Castelao, reivindicando precisamejte a figura do Secretario de Organización do noso partido, Alexandre Bóveda, e irmán de militancia de Castelao no PG.
Temos que darlle as grazas á sensibilizacion e implicación da cidadanía, as mulleres e homes que levan no peito a memoria e a espallan nas xeración vindeiras.
Do mesmo xeito que temos que lembrar que xa fai dous anos diferentes Institucións da Galiza (a primeira foi a Deputación de Ourense co voto a favor de 23 d@s Deputados Provinciais) acordaron levar ao Parlamento Galego a histórica reivindicación en favor da institucionalización do 17 de Agosto coma o Día Galicia Martir; proceso ainda pendente de materializar con feitos concretos para que entre na fase decisiva e sexa conmemorada por todas e todos os galeg@s.
Os Galeguistas agardamos que o 2021 traia pasos adiante e non haxa “cobertores de silenzo” semellantes aos que sofriu mitas décadas a figura de Alexandre Bóveda e a totalidade dos mártires por Galiza.
Sempre o servizo da Matria Galega, Saúde e Terra
Asdo. Francisco López, “Chesqui” SECRETARIA XERAL PARTIDO GALEGUISTA
Partido Galeguista, o partido nacional da Galicia
Entidades e colectivos que confirmaron ou enviaron adhesións:
Galicia Territorial
Fundación Castelao
Fundación Rosalía de Castro
Fundación A. Losada Dieguez
Fundación Ramón Otero Pedrayo
Fundación Filgueira Valverde
Fundación Placido Castro
Fundación Penzol
Galicia Exterior
Centro Galego de Bos Aires.
Centro Galicia de Bos Aires.
Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina.
Asociación Xeito Novo
Asociación Federico Garcia Lorca