O vindeiro martes, “Día da Galicia Mártir”, o Partido Galeguista honrará a figura de Alexandre Bóveda

Un ano máis o vindeiro martes día 17 “Día da Galicia Mártir” o Partido Galeguista xunto á Fundación Alexandre Bóveda, voltamos a lembrar ao que fora o noso Secretario Xeral e Secretario de Organización, Alexandre Bóveda, asasinado no Monte da Caeira no concello de Poio en Pontevedra.
Ao cumplirse 85 anos do seu pasamento honraremos a súa figura diante do seu panteón no camposanto de San Mauro (Pontevedra)
!Viva por sempre e para sempre A. Bóveda! !Viva Galicia! !Saúde e Terra!