O PSdeG manifestou o seu apoio a Walter Pardo

“Un alcalde de referencia” para Malpica ao longo dos últimos dous anos, e reprobou “as operacións escurantistas” postas en marcha polo PP para acceder á alcaldía a través dunha moción de censura cun concelleiro non adscrito.

Ante a situación xerada nesta vila da Costa da Morte, o Partido Socialista de Galicia sinalou que ao longo deste mandato “constatamos que o PP non ten proxecto para Malpica”, tan só “unha suma de intereses persoais que nada aportan á vila”, mentres que Walter Pardo “é o alcalde que Malpica necesita”.

“Walter Pardo sempre estivo a carón das necesidades da vila e da súa veciñanza”, tanto na defensa dos servizos que require Malpica ou das infraestruturas que necesita a bisbarra, como no relativo aos sectores produtivos, especificamente a pesca.

Así pois, logo de preguntar “en que consiste o pacto do PP co edil non adscrito”, o partido que dirixe Gonzalo Caballero deixou claro que “fronte a este tipo de estratexias do PP, o PSdeG seguirá a carón dos intereses dos veciños e das veciñas de Malpica”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.