Oleiros crea a Escola Municipal de Golf

Coa recente posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio

Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, créase a Escola Municipal de Golf.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar os rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2004 e 2011 no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina en particular e do deporte en xeral. O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade, que terá un custo mensual de entre 17 e 8 euros, en función das idades.

O prazo de preinscrición será do 1 ao 14 de setembro a través da sede electrónica do Concello. En total ofertaranse 80 prazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.