Os informes do Miterd reflicten a mala situación das augas costeiras das Rías Baixas

Ecoloxistas en Acción denuncia a mala situación das masas de auga costeiras das Rías Baixas que reflicten os informes do Miterd. Alertan que segundo estos estudos destacan dúas zonas moi contaminadas,  a ría de Aurosa, na contorna de Vilagarcía, con impactos por contaminación por materia orgánica e a ría de Vigo, na contorna de Moaña, con impactos por contaminación química

Ecoloxistas en Acción resalta que as verteduras contaminantes ademais de afectar ao medio mariño, ás zonas de Rede Natura e actividades humanas que requiren de boa calidade das auga, esta contaminación das augas litorais tamén afectan gravemente a toda actividade económica relacionada co mar, en especial a acuicultura e marisqueo.

Unha das afeccións máis cotías é polo alto nivel de E. coli ou doutras bacterias asociadas ás verteduras de augas de refugallo urbanas e que indican o grao de contaminación fecal. Pero tamén hai que ter en conta o envelenamento das augas por altas concentracións de metais pesados, substancias  haloxenadas, hidrocarburos aromáticos  policíclicos, fitoplancto produtor de toxinas, … procedentes da nula ou mala xestión dos residuos industriais.

Os mexillóns, principal cultivo da zona, son organismos filtradores de grandes cantidades de auga, acumulando contaminantes durante ese proceso. No caso do marisqueo en costa, o recurso é sésil, e a interacción é máis relevante en zonas próximas a conducións de vertedura. As administracións deben garantir que as verteduras de augas de refugallo urbanas ou industriais son tratadas axeitadamente e cumpren coas súas autorizacións de vertedura e que non se pon en risco a calidade das augas onde se engordan estes bivalvos. A incorporación, xa sexa accidental ou intencionada, de certos contaminantes, pon en risco a comercialización do recurso e a saúde humana.

En Galicia hai 11 Zonas de Produción de Moluscos pechadas por contaminación (clasificadas dentro da categoría  C), en xuño de 2020 (6 estables e 5 provisionais).

A pesar disto o propio Miterd recoñece que o número de contaminantes avaliados non cubre todos os lexislados para os produtos da pesca e que o número de especies analizadas que compren os criterios non é representativo do total de especies destinadas ao consumo humano.

Zona contaminada por axentes químicos na ría de Vigo       Zona contaminada por materia orgánica na ría de Arousa

Fonte: Plan Ordenamento Marítimo Noratlántico (Miterd)

PLÁSTICOS E LIXO

As mostraxes de microplásticos e macroplásticos realizadas dentro do marco do programa Descriptor 10 do Miterd nas augas superficiais da demarcación noratlántica revela a alta concentración destes, coincidindo as frecuencias máis altas de recontos de obxectos en boa parte coas zonas de acumulación de presións de achega de lixos como as grandes urbes ou as zonas de concentración industrial.

Zonas de alta concentración de plásticos

Fonte: Plan Ordenamento Marítimo Noratlántico (Miterd)

CONTAMINACIÓN POLO TRÁFICO DE BUQUES

O Ordenamento do Espazo Marítimo do Miterde recoñece que o contido en xofre, nitróxeno e materia  particulada que conteñen os combustibles utilizados polos buques e que se desprenden á atmosfera en forma de óxidos de xofre (SOx), óxidos de nitróxeno (NOx) e partículas (PM10 e  PM2,5) contribúen á contaminación atmosférica e a unha mala calidade do aire, con efectos nocivos sobre a saúde humana e o medio ambiente, ao que se suma a emisión de gases de efecto invernadoiro que contribúen ao quecemento global.

Os portacontedores,  graneleros e os buques tanque, son os tipos de buques máis frecuentes, e tamén os de maior porte, polo que se establecen como os que máis combustible consomen globalmente e os que máis gases contaminantes emiten.
Sinalan que a isto súmase o perigo sempre latente do transporte de líquidos como o cru e outros produtos petrolíferos que realízase mediante buques tanque. O tráfico deste tipo de buques nas autoridades portuarias da Demarcación noratlántica en 2018 foi de 1.823 buques tanque.

A pesar de que ou  Miterd  recoñece a grave contaminación polos gases de escape dos buques  non  obriga a ningún porto,  nin  aos que  maior tráfico padecen, a realizar  plans de prevención e control para asegurar a calidade do aire das instalacións portuarias e das zonas urbanas circundantes que se ven expostas.

Tráfico de buques por Autoridade Portuaria, clasificado por tipo de buque

Fonte: Plan Ordenamento Marítimo Noratlántico (Miterd)

A organización ecoloxista sinala que istos datos deixan en evidencia ás administracións que fachendean da concesión de bandeiras azuis para as praias como se estas foran un galardón a súa boa xestión ambiental e non un mero reclamo turístico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.