Os sindicatos denuncia a precaridade laboral dos traballadores do Parque Natural das Illas Atlánticas

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT denuncian ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as condicións de precariedade laboral, do persoal empregado público que que presta servizo no Parque Natural das Illas Atlánticas. Reivindícase urxentemente a apertura dunha  negociación .

As 25 persoas empregadas públicas, entre persoal funcionario e laboral, que prestan servizo os 365 días ao ano nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada están en loita pola regulación das súas condicións laborais xa que se atopan nun limbo dende a transferencia deste espazo natural protexido do estado español á Xunta de Galiza no 2008.

Axentes, vixilantes, guías e tripulación conforman un grupo de traballadores que en dúas quendas semanais manteñen o funcionamento deste espazo natural protexido e a atención aos usuarios, apoiándose e realizando tarefas mais alá de calquera convenio ou función. Mentres, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén o servizo as 24 horas do día os 365 días do ano cun cadro de persoal raquítico e sen un Acordo de condicións de traballo que regule a súa situación singular. Para máis, as empresas e contratas das que tira a Xunta no verán para obras e actuacións, nas que os traballadores teñen condicións aínda peores, comparten co persoal empregado público espazos e penosidades tirando da solidaridade e da vontade do persoal propio e a espera dunha regulación de coordinación das actividades empresariais nas illas e da delimitación de espazos e responsabilidades que nunca chega.

A inexistencia dunha regulación específica das condicións laborais favorece o abuso laboral e afonda na precariedade do persoal. Todos os que prestan servizo nas illas do Parque Nacional están nunha situación laboral extremadamente penosa, que contrasta coa imaxe de “paraíso natural” do lugar onde traballan. Polo que, denunciamos que:

  • A xornada de traballo non está regulada, o tempo que permanecen dispoñibles na illas, 24h/día durante sete días consecutivos non computa a efectos de xornada. Así as xornadas de traballo nas illas son infinitas xa que a dispoñibilidade é total. En cómputo anual traballan máis do dobre das horas máximas anuais doutros compañeiros de terra, superándose en ocasións as 000 horas.
  • As responsabilidades inherentes á prestación de servizo nas illas non están recoñecidas, o traballo deste persoal fai posible solucionar as problemáticas de control e xestión inherentes á insularidade destes espazos (as especiais dificultades técnicas e loxísticas na subministración de auga, luz, xestión do lixo, emerxencias e outras situacións asimilables) facendo posible o día a día do Parque Nacional para as persoas habitantes e usuarias dos espazos..
  • As especiais penosidades vinculadas as tarefas destes traballadores non están recoñecidas, tampouco, as quendas e as noites nin os traballos que se realizan con risco tóxico ou biolóxico.

-As condicións de seguridade son ínfimas e incúmprense as medidas básicas en prevención de riscos laborais. Tanto os plans de acción das avaliacións de riscos laborais, como os requirimentos da inspección de traballo simplemente ignóranse.

– A conciliación da vida laboral, persoal e familiar é imposible, é necesario estudar outro sistema de rotacións que permitan conciliar.

A maioría do persoal é temporal de longa duración en prazas estruturais, cun claro abuso por parte da Xunta, que nin completa a RPT, nin ten previsto ningún proceso de consolidación de emprego. Recordamos, a antigüidade deste persoal remóntase aos anos 2003-2004. É inadmisible que despois de

18 anos de servizo continuado non se negociara unha solución nin existise ningún tipo de interlocución.

O ámbito mariño e a insularidade do traballo non se teñen en conta, os embarques periódicos durante todo o ano, o manexo de embarcacións, os traballos con maquinaria en zonas portuarias, etc., son necesidades reais, inherentes a estes postos de traballo e é obrigado o seu recoñecemento.

As vivendas son compartidas, con enormes carencias e algunhas practicamente inhabitables. O persoal so quere condicións dignas, sen humidades nin riscos eléctricos ou por inhalación de gases, auga quente e calefaccións, pero sobre todo un cuarto de seu.

Pese a esta especial situación laboral, motivada pola insularidade propia do único Parque Nacional galego, a Consellaría de Medio Ambiente Territorio e Vivenda xunto coa Dirección Xeral de Función Pública NÉGANSE A REGULAR A SITUACIÓN LABORAL DO SEU PERSOAL dende a transferencia á Xunta do Parque Nacional no ano 2008.

Parece que as boas palabras e o bo facer demostrado polos feitos e refrendado polas recentes declaracións aos medios do propio Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, gravando o traballo dos empregados públicos do Parque Nacional non son avais suficientes para sentar a Xunta nunha mesa negociadora.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.