Os socialistas de Monterroso urxen ao PP “recuperar o Servizo de Pediatría e os catros docentes do IES”

“Estamos diante de dous recortes sen procedentes na nosa vila, e mentres a Alcaldesa e todo o seu Goberno seguen sen dicir nin mu, e sen mover un dedo para solventar esta situación”, denuncian

Os socialistas de Monterroso avanzaron hoxe que defenderan no vindeiro pleno, que se celebrará o martes día 29 ás 20:30 horas, dúas mocións para demandar por unha banda, “recuperar de xeito inmediato e continuado o Servizo de Pediatría, e noutra proposta reclaman que se manteñan aos catro docentes no IES de Monterroso que pretenden eliminar para o vindeiro curso 2021-2022”.

“Estamos diante de dous recortes sen procedentes na nosa vila, e mentres a Alcaldesa e todo o seu Goberno seguen sen dicir nin mu, e sen mover un dedo para solventar esta situación. Monterroso é o claro exemplo do abandono do rural por parte do Goberno do PP, recortes en sanidade, recortes en educación, peche de servicios agrarios, e mentres o Goberno de Seijas segue de vacacións”, lamentan.

Sobre a situación da atención sanitaria na vila, os socialistas sinalan que no centro de saúde de Monterroso tamén atende aos usuarios dos Concellos limítrofes de Portomarín, Antas de Ulla e Taboada deixando polo tanto a máis de 9.800 habitantes sen este servicio básico e esencial.

“Dende o Grupo Municipal Socialista de Monterroso xa nos fixemos eco das reiteradas queixas dos pais e nais que acudiron ao centro de saúde, e comprobaron que non había asistencia pediátrica. Ademais neste centro de saúde de  tres médicos que consultan diariamente, comprobamos en moitas ocasións, que só hai un traballando, e nunha situación como a que estamos vivindo coa pandemia do COVID é algo moi alarmante”, advirten.

No que atinxe a situación educativa da vila, remarcan que “en xullo o Departamento de Educación da Xunta informou ao consello do IES de Monterroso da intención de prescindir de cinco dos seus profesores para o próximo curso, converténdonos tristemente nun dos máis perxudicados da provincia, pero que tras as reclamacións realizadas desde o centro a cifra reduciuse a catro”.

Así as cousas advirten que “estamos ante un recorte sen precedentes xa confirmado pola Consellería de Educación  para o vindeiro curso de máis de 430 docentes de secundaria, así como a redución de 109 unidades e uns 150 mestres e mestras en Primaria en todo o territorio galego”.

Situación do IES de Monterroso para o vindeiro curso

Estes recortes terán consecuencias inmediatas para o vindeiro curso sendo estas as seguintes:

-Haberá un só grupo de 1º da ESO. Os dous grupos que cursaron 1º da ESO, agruparanse nunha única aula

-Redución do horario da biblioteca

-Eliminación de grupos burbulla en horarios de recreo que posibilitaba a división do patio por zonas

-Dificultade para desenrolar os programas de convivencia  e igualdade

-Determinado alumnado non poderá recibir atención a diversidade nas linguas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.