Patrimonea organiza outra ruta polo municipio de Touro o día 29 de agosto tras o éxito da pasada

As inscricións xa están abertas

A ruta que organizou Patrimonea hai uns días e que permitiu coñecer fermosos paraxes do municipio de Touro volverá a organizarse neste mes. «Despois do éxito no estreno dos roteiros xa temos unha nova cita no calendario: o domingo 29 de agosto repetiremos a ruta Entre pazos, fervenzas e corredoiras. Ao finalizar a ruta poderás coñecer o Pazo De Andeade«, avanza Patrimonea. As inscricións xa están abertas.

O lugar de encontro será o Café- Bar A Peneira (Fonte Díaz, Touro) entre as 9:15 e as 9:30 horas, situada na rúa Bispo Xosé Diéguez Reboredo, 5, 15822, A Coruña.

A dificultade da andaina, que ten uns 15 quilómetros, é media-baixa e é circular. O prezo é de 18 euros por persoa, 15, se asisten dúas persoas ou máis; de oito para os menores de 16 anos e gratis para o segundo neno ou nena.

«Vén a coñecer un dos bosques de ribeira mellor conservados de Galicia. Unha ruta deseñada para que poidas desfrutar da riqueza paisaxística e patrimonial das terras bañadas pola Ulla. Unha mirada profunda á paisaxe que che permitirá coñecer a súa evolución ao longo do tempo», sinala Patrimonea.

Percorrido

A ruta circular ten o seu inicio/chegada na igrexa parroquial de San Tirso de Cornado. Ao longo dos 15 quilómetros aproximados os asistentes desfrutarán de fermosas fervenzas, impoñentes pazos da idade moderna e de antigas corredoiras que os levarán aos muíños de auga. O itinerario foi deseñado por Patrimonea e en boa parte non está sinalizado o que permite coñecer lugares que doutras formas sería imposible para persoas de fóra do concello.

Farase unha parada no camiño para comer e cada participante traerá a súa comida. Ao rematar a andaina, grazas á colaboración do Pazo de Andeade, poderán coñecer a historia deste ben patrimonial do siglo XVIII, actualmente parada obligatoria para centos de peregrinos do camiño de Santiago.

Foma de pago

Os interesados deben mandar un correo electrónico a patrimoneaulla@gmail.com indicando o número de prazas que desexan reservar cos datos de cada persoa (nome e apelidos, DNI e idade en caso de ser menor) xunto co xustificante da transferencia bancaria ( á conta: ES91 2080 0321 7830 0006 3625 ). No concepto da transferencia debe figurar o nome completo.Outro método de pago será a través de Bizum (607 762 260).

Pódese obter máis información a través de WhatsApp/Telegram no número 699 680 217 ou dos perfís de Patrimonea en Facebook e Instagram.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.