PEDRA pecha a súa fin de semana entre cestería e metalurxia

Os visitantes tiveron a oportunidade de ver crear un machado de talón dende cero, no obradoiro de arqueometalurxia dirixido pola profesora Beatriz Comendador

A primeira fin de semana do Festival de Saberes sáldase cun notable éxito de asistencia.

A presenza de persoas de todas as idades e, especialmente, dos máis pequenos, demostra que é posible un rural cheo. O público amosou interese por todas as actividade resaltando o éxito da conferencia sobre tradición oleira de portugal, que trouxo ata Riós a doutora Cátia Cardoso.

Xa na vindeira semana PEDRA continuará o 4 e 5 de setembro traendo novas actividades para todas as idades. A música das avoas, o patrimonio arqueolóxico e a narración oral volverán a tomar protagonismo a través de Anxo Moure, as veciñas de Feilas ou as barferencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.