Pedro Puy sitúa como prioridades básicas a  loita contra a pandemia sanitaria e a recuperación económica e social

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, sinalou hoxe como prioridades básicas para o novo período de sesións “a continuidade na loita contra a pandemia sanitaria e a recuperación económica e social”. Así mesmo, situou como referencias principais do novo curso parlamentario a celebración do Debate do Estado da Autonomía e a tramitación dos orzamentos da Xunta para o 2022.

O voceiro popular  sinalou o intenso traballo parlamentario desenvolvido no período de sesións pasado coa aprobación de 15 novos textos lexislativos – 9 proxectos de lei e 6 proposicións de lei – “así mesmo o Parlamento tivo en termos cuantitativos unha intensa actividade de control ao Goberno, rematando  cun pleno extraordinario para a aprobación do  teito de gasto e a comparecencia do conselleiro de Sanidade para informar da situación da pandemia en Galicia”.

No próximo período de sesións, indicou Pedro Puy  “e dentro do proceso de normalidade democrática e estabilidade política gracias a un Goberno que conta cun apoio estable na Cámara” teremos o Debate do Estado da Autonomía, no momento no que a Xunta o solicite, para facer balance despois de cumprirse un ano das eleccións autonómicas.

Así mesmo situou o debate dos orzamentos para o ano 2022 como referencia para o novo período, orzamentos que “xa contan coa aprobación dun teito de gasto que permitirá  ter marxe orzamentaria para facer fronte as necesidades da sociedade galega o vindeiro ano”

O Grupo Parlamentario Popular, indicou o voceiro Pedro Puy, continúa a traballar neste período rexistrando iniciativas centradas no ámbito sanitario, medioambiental, incendios, na produción nos sectores primarios, cota láctea, cárnico ou asuntos de actualidade como a demanda de examinadores de Tráfico.

SITUACIÓN DOS ENCOROS

Ao respecto da situación dos encoros, indicou que  “despois de dar conta o Goberno galego dos que dependen da Xunta, que están nun nivel aceptable para este período do ano, con medidas de capacidade do entorno ao 60%, chama moito a atención a situación na Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, de competencia estatal, cun descenso moi acusado que podería   prexudicar moito ao país de producirse un período de seca nos próximos meses, o que non é infrecuente, e se poderían xerar problemas de abastecemento de auga e loita contra os incendios”, indicou o voceiro popular.

PROCESO DE VACINACIÓN

Pedro Puy tamén amosou a satisfacción polo proceso de vacinación “que está a ser exemplar en Galicia” e polos avances na inmunización da poboación o que indica que “se está aproveitando ben a distribución”. Destacou, así mesmo, o comezo da vacinación do grupo de idade de entre 12 e 16 anos e a primeira pauta de 16 a 20 anos o que implica que “se continúa o fluxo de doses e continúa o proceso de inmunización societaria comezaría o curso escolar con moita máis tranquilidade”.

REUNIÓNS COA HOSTALERÍA

O voceiro popular destacou na rolda de prensa as reunións que se están a producir co sector “que está a sufrir as consecuencias intensas da pandemia” como é o da hostalería e “ao igual que se pactou noutros momentos na actualidade parécenos apropiado buscar alternativas en relación co incremento de medidas de prevención do contaxio nos locais, o que permitirá subir os aforos e que o sector aproveite esta etapa para mellorar as súas contas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.