Podemos Galicia pide á Xunta que “non especule” co sistema de rastrexo e invista no control da orixe de positivos COVID

Gómez Reino: “Xa é irresponsable de seu que a Xunta non sacase antes ese concurso, pero é aínda máis que a adxudicación veña dada por presentar tarifas máis baratas”

Podemos Galicia criticou este mércores que a Xunta de Galicia outorgase o primeiro concurso público de rastrexo COVID convocado no Nadal pasado a Extel por presentar unha oferta económica menor ás súas outras competidoras, a pesar de ter unha puntuación máis baixa en criterios técnicos.

Extel, que é unha entidade que suma varios escándalos laborais ao despedir a teleoperadores de Movistar por enfermar, encargarase agora dunha das épocas máis complicadas para o rastrexo en Galicia debido ao contexto estival, a afectación en persoas mozas que non están vacinadas e ao relaxamento das restricións. De feito, a capacidade para identificar a orixe de contactos covid en Galicia pasou dun 75% a un 45% nos últimos meses.

“A precariedade no sistema de rastrexo non é un problema actual, desde o inicio da pandemia Galicia situouse á cola da trazabilidade dos positivos en coronavirus, como denunciaron os colectivos e o persoal sanitario. Feijóo mentiu en varias ocasións sobre o número de rastrexadores de Galicia e chegou a afirmar que os propios médicos de Atención Primaria o eran, cando eles mesmos o desmentiron”.

Hai pouco o diario praza.gal sacaba á luz que a anterior empresa que se encargaba do rastrexo en Galicia, Universal Support, tivo que reforzar o persoal con teleoperadores de Madrid para poder atender a todas as usuarias. “Imos pola quinta onda e Feijóo aínda non instaurou un sistema de rastrexo covid eficaz”, sinalou o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.