Porto regresa á ‘Familia Laranxa’

O ala zurdo José Antonio Capón Lamas, máis coñecido como Porto, regresa á Familia Laranxa

O xogador de Portomarín, de 24 anos, volverá á Mariña para realizar a pretempada co Pescados Rubén Burela FS tras acadar o ascenso a Primeira co conxunto mariñán en 2018-19 e despois do seu paso polo Noia Portus Apostoli e Santiago Futsal nas dúas últimas campañas

“Estes dous anos fóra de Burela foron anos de aprendizaxe tanto no deportivo coma no persoal, axudáronme a medrar como xogador e a coller máis experiencia” explicaba o ala, entusiasmado coa súa volta á Mariña: “Gardo un dos mellores recordos da miña anterior etapa de laranxa, co gran equipo que tiñamos e polo gran trato recibido en todo momento; dende o club fixéronme sentir coma na casa, de feito para min Burela e a miña segunda casa, despois de Lugo e do Azkar, no que pasei 10 anos” confesaba Porto, con moitas ganas de asumir este novo desafío: “Espero dar o mellor de min e achegar o máximo ao equipo e en todo o que me pida o adestrador, para contar coa confianza do club”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.