Presentación da XXXI regata de piragüismo de Allariz «Festa da Empanada»

No Concello de Allariz tivo lugar a presentación da XXXI regata provincial de piragüismo de Allariz puntuable para a Copa Deputación 2021, que contou coa presenza da Concelleira de deportes Elena Suárez e o presidente do club de piragüismo Fluvial Allariz, José Manuel Fernández

Elena Suárez, destacou as boas condicións que reúne o río Arnoia a seu paso por Allariz para a práctica do piragüismo, e reseñou que esta e unha das moitas actividades que se veñen facendo durante todo o ano na Vila, para acadar pouco a pouco unha boa volta a normalidade. Recalcou que a regata se fará con todas as medidas de prevención e protocolo COVI da federación galega de Piragüismo, e que desde o Concello se velará porque o público asistente cumpra ca normativa vixente e manteña en todo momento a distancia social necesaria, animando a cidadanía a desfrutar deste evento deportivo e da Vila con responsabilidade e “sentidiño”

Pola súa parte o presidente do club informou que esta e a 5º regata provincial que forma parte da copa Deputación de piragüismo 2021 na que hai inscritos 152 deportistas ( 79 homes e 73 mulleres), na que as categorías pre-benxamín, benxamín e alevín recorrerán unha distancia de 1.000m, os infantís terán un percorrido de 2.000m e os cadetes, competirán nunha distancia de 4.000m. Estando previsto o inicio da competición as 11:00 da maña deste domingo 22 de agosto.

Destacou o feito de que este ano se cumpra o 31 aniversario desta regata, que solo non se poido celebrar o ano pasado pola pandemia, e que nesta tempada se retoma cas devidas precaucións sanitarias.

Tamén manifestou a boa marcha do club que a día de hoxe ten tramitadas 110 fichas federativas que converte o club de Allariz nun dos galegos con maior número de fichas; o cal e un síntoma da boa marcha do club en canto a masa social se refire.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.