Rubén Arroxo visitou a mostra Fillos de Breogán co artista local Alejandro Real

A mostra está enmarcada dentro do festival de arte urbano Culturbán

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo visitou a mostra fotográfica Fillos de Breogán xunto co artista local Alejandro Real e representantes do Círculo das Artes. A mostra, ubicada nas ventás do Círculo das Artes da rúa Bispo Aguirre, forma parte das actividades previstas no festival de arte urbano Culturban para mostrar a obra das e dos artistas locais, que están a ser premiados, nomeados ou apoiados polo seu talento e proxección en distintas partes do mundo.

A mostra de fotografía Fillos de Breogán, de Alejandro Real, consiste nunha viaxe ao pasado a través dos rostros de galegos que posúen uns trazos característicos do centro e norte de Europa. Trazos que trouxeron consigo os pobos que habitaron estas terras hai máis de 1.500 anos e que hoxe en día se conservan especialmente nas zonas máis illadas do rural. A mostra está organizada pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co Espazo LUPA Arte, e conta coa colaboración do Circulo das Artes

Culturban

A segunda edición do Culturban contará co II combate de pintura mural, onde participarán 10 muralistas que se seleccionarán segundo a súa traxectoria artística. O Combate Mural terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 21, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€. «Retomamos por segundo ano o Culturban, que nos permitiu durante os últimos meses desfrutar de varias intervencións artísticas por toda a cidade, mellorando a imaxe de  moitas rúas de Lugo», afirmou o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo.

Alejandro Real (Lugo, 1983)

Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón. Gañador do XIV Premio «Luis Ksado» de creación fotográfica, do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo e do Concurso de Relato Fotográfico Dra. Susana Santeiro entre outros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.