Última semana para inscribirse no I Campus SD Compostela do Arteal

O prazo para a actividade que terá lugar a semana próxima remata este xoves

Comeza a última semana para inscribirse no I Campus SD Compostela do Arteal Sociedade Deportiva Compostela Tenis de Mesa. Este xoves 26 de agosto é a última data dispoñible para cumprimentar os trámites e poder participar na actividade que terá lugar do 30 de agosto ao 3 de setembro (horario das 10.00 ás 14.00 horas).

Tan só quedan as últimas prazas para un Campus que está destinado para nenos e nenas de 6 a 12 anos, especialmente para aqueles pequenos que queiran dar os seus primeiros pasos no Tenis de Mesa.

Para inscribirse, os interesados poden facelo a través dos teléfonos 666 95 53 71 ou 622 81 70 43; ou ben no formulario web. O Campus terá un prezo de 60€ para a semana completa, ou de 17€ para xornadas soltas.

O equipo técnico estará composto por Gerusa Manhani, adestradora profesional e actual responsable da Escola Deportiva do Arteal SD Compostela TM, e Humberto Manhani, xogador profesional do equipo de SuperDivisión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.