Unha ducia de sendeiristas disfrutaron en Touro do roteiro programado por Patrimonea «entre pazos, fervenzas e corredoiras»

Esta iniciativa, de recente creación, ten como finalidade ofrecer unha experiencia completa que fusiona o sendeirismo coa interpretación e o disfrute do patrimonio a escasos quilómetros da capital de Galicia.

Ao finalizar o itinerario de 15 quilómetros achegáronse até o Pazo de Andeade, unha xoia do primeiro terzo de 1700 que conserva en moi bo estado os elementos característicos destes bens (capela, pombal, caballeira…). En outono ofertarán un amplo programa de roteiros tanto no concello tourense como noutras localizacións que irán desvelando.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.