Vixilancia e sancións para erradicar vertedoiros incontrolados de voluminosos nas rúas de Narón

O Concello de Narón intensificará os controis e as sancións no termo municipal para erradicar vertedoiros incontrolados localizados en alguns puntos do municipio así como as condutas incívicas que levan a depositar ao lado dos contenedores mobiliario e outros voluminosos sin avisar nin concertar data cos servizos municipais de recollida

A ordenanza en vigor no Concello contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”, que valora a Policía de Medio Ambiente, pero aqueles que se tramiten a través da lei autonómica de residuos, os expedientes remítense á Xunta de Galicia –ao non ser competencia municipal- e as sancións poden superar os 30.000 euros.

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que tras a entrada en vigor do novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e limpeza viaria, unha das melloras establecidas, que xa se está aplicando, e o aumento de recollida dos residuos que pasou de 2 a 3 veces por semana. Santalla lamentou “algunhas conductas incívicas que levan a depositar, incluso en fins de semana, residuos en puntos ilegais da nosa cidade” e incidiu no chamamento á colaboración da veciñanza para manter o noso municipio nas mellores condicións de limpeza, recordando que o Concello ten a disposición da cidadanía as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo, operativo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas, e tamén o Servizo de recollida de enseres co que se debe concertar a recollida chamando ao número de teléfono: 981391074.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.