A Comisión de Festas de Lugo volverá xuntarse para decidir sobre a colocación do recinto feiral

Maite Ferreiro: «O máis importante desta edición das festas é garantir a seguridade da veciñanza»

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que o recinto feiral desta edición do San Froilán se decidirá na vindeira comisión de festas, que se convocará durante setembro.

Ferreiro explicou que «dado o protocolo establecido pola Xunta de Galiza desde o Goberno de Lugo entendemos que a colocación do recinto feiral faría moi complicado cumplir a separación interpersoal». A concelleira de Cultura explicou que «non podemos estar pedindo á veciñanza que controle os contactos e instalar o recinto feiral, que sempre trouxo grandes masificacións», e engadiu «o máis importante de cara ao San Froilán 2021 é garantir a seguridade de todas as persoas asistentes ás distintas actividades».

Maite Ferreiro pediu aos grupos da oposición «que mostren a mesma responsabilidade coa seguridade da veciñanza de Lugo, como mostraron durante a organización do San Froilán do ano pasado», e afirmou que «agardamos que na vindeira xuntanza da comisión de festas contemos coa presencia de todos os grupos políticos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.