A Deputación da Coruña apoia con 685.000€ a 162 clubs deportivos que compiten no ámbito local, provincial e autónomico

A área de Deportes da Deputación destina este ano 4,4 millóns de euros en axudas ao deporte coruñés

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva das subvencións a clubs e entidades deportivas da provincia que compiten no ámbito local, provincial e autonómico.

En total, 162 clubs de numerosas disciplinas deportivas e de todas as comarcas da provincia coruñesa recibirán un total de 685.209,46 euros en axudas da área de Deportes da institución provincial.

“As axudas deportivas da Deputación da Coruña contribúen a manter a actividade e a mellorar as infraestruturas de centos de clubs de todas as disciplinas e categorías, axudando a situar aos equipos coruñeses na vangarda do deporte galego”, afirmou a deputada responsable de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, que detallou que as diferentes liñas de subvencións da súa área suman 4,4 millóns de euros e chegarán este ano a unhas 550 entidades deportivas da provincia.

“Desde o deporte de base aos grandes eventos, a Deputación está presente en toda provincia con axudas que teñen como obxectivo impulsar todo o potencial do deporte coruñés”, sostivo Cristina Capelán.

Listaxe das axudas concedidas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.