A escritora e historiadora canadiense afincada en Galicia, Laura Dennett, protagonizará un novo coloquio sobre o Camiño na Fundación Rodríguez Iglesias

O faladoiro terá lugar este próximo xoves ás 19h

O xoves 9 de setembro, ás 19h, a escritora e historiadora canadiense afincada en Galicia, Laura Dennett, protagonizará o novo coloquio sobre o Camiño de Santiago que terá lugar na Fundación Rodríguez Iglesias. O evento é de libre asistencia ata completar aforo.

Laura Dennett é autora de nove libros, un de eles sobre a Ruta Xacobea, e tamén é peregrina. Ten un vínculo moi forte coa ruta xacobea. Foi socia e presidenta da Confraternity of Saint James del Reino Unido e é vicepresidenta honoraria e membro do comité que administra o albergue de peregrinos de  acollida tradicional, Refugio Gaucelmo, en Rabanal del Camino, León. Foi colaboradora e amiga de Elías Valiña, o célebre párroco do Cebreiro. Nacida en Canadá, pasou a súa vida profesional en Londres e agora vive preto do Cebreiro, ao carón do Camiño Francés. Amante de Galicia, a súa cultura e a súa natureza, na súa casa creou o primeiro “Xardín tranquilo” de España, aberto a calquera que o queira visitar.

Este coloquio enmárcase dentro da exposición “Os tres hospitais do mundo: a hospitalidade na construción do Camiño”, que permanecerá aberta ata o 30 de setembro. Está comisariada polo xornalista e fotógrafo galego José M. Salgado e cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo. Nela ofrécese unha perspectiva da historia da hospitalidade e o seu papel clave no Camiño de Santiago dende antes da aparición do sepulcro do apóstolo en Compostela.

  • Día: xoves 9 de setembro
  • Hora: 19.00 horas
  • Lugar: Auditorio de la Fundación Rodríguez Iglesias (C/Cordelería, 32)-A Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.