A Plataforma Sanitaria reuniuse co BNG e trasladoulle a problemática da Sanidade Publica na Comarca

A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de reunirse co BNG para trasladarlle todos os problemas sanitarios aos que se enfrenta a comarca, despois de que a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, lles trasládase a intención de manter unha reunión para coñecer de primeira man todas as deficiencias sanitarias e os problemas aos que se esta enfrontando a comarca.
Tras relatarlle que a perda da área sanitaria supuxo unha aceleración na perda de servizos tanto en atención hospitalaria como primaria, así como a derivación cada vez maior cara a Lugo para procedementos básicos e sinxelos que antes se realizaban aquí, desde a agrupación política aseguráronos que a recuperación da área sanitaria pasaba por un cambio de goberno e que a restitución das catro áreas sanitarias era un obxectivo prioritario para elxs.
Trasladóuselle tamén que durante este verán a Atención Primaria sufriu unha agresión como nunca antes se vira , quedando case todo o período cun cadro de persoal moi mermado,pese ao aumento en tres ou veces da poboación, e que mesmo o Sergas foi capaz de pechar quendas de tarde , non sustituir ao persoal en vacacións ou de precarizar, maltratar e abusar aínda máis dun persoal eventual esgotado que deu o mellor de si mesmo para tentar salvar ao sistema sanitario do abismo.Lembramoslle tamén que a única ambulancia medicalizada que existe na comarca sigue sen o segundo técnico de transporte sanitario e que as probas diagnósticas para completar estudos mamográficos na detección precoz de cancro de mama seguen a realizarse en Lugo, pese ao compromiso do PP, acadado na comisión de sanidade, de facer os estudos completos no Hospital da Mariña.
Ana Pontón asegurou que para o BNG a sanidade pública era un asunto prioritario e urxente e que a recuperación da mesma
,pasa pola inmediata inxección económica extraordinaria duns 200 millóns de euros. Acreditou na necesidade de recuperar tamén as xerencias de atención primaria e de atraer de novo a profesionais que fuxiron en desbandada pola precariedade aos que o somete o Sergas.Lembrou que de cada cen médicxs residentes que se formaron uns 60 marcharon en busca de estabilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.