A teoría da confusión. Ruben Arroxo non participará no II Foro de Movilidade organizado polo Concello da Coruña

Anunciouse hai uns días en medios de comunicación de Lugo, (El Progreso)  que o tenente alcalde e responsable da área de Movilidad e Infraestruturas do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, fora convidado a participar no II Foro de Movilidad organizado polo Concello da Coruña, que se celebrará o vindeiro martes día 20 na cidade coruñesa, dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade

Decatados os socialistas de Lugo pola noticia da participacion do concellal do BNG aparecida en medios de comunicación, chamaron inmediatamente aos seus “colegas” socialistas da Coruña para que rectificasen e que o seu lugar ocupáseo o socialista Miguel Fernández Méndez, responsable da área de Medio Rural e Medio Ambiente do goberno que preside a socialista Lara Méndez.
Ruben Arroxo recibe unha chamada do Concello da Coruña, para comunicarlle, que a invitacion a participar no devandito Foro, fora un erro involuntario e que lamentaban a confusión creada. Onte venres, Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello coruñés mantivo unha “agre” discusión con Juan Manuel Díaz Villoslada, concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Movilidad do goberno municipal da Coruña, responsable da organización do devandito evento, ofrecéndolle o socialista todo tipo de desculpas a Jorquera, lamentando que se producise o erro, achacable á organización a responsabilidade da invitación, cando a mesma era para un membro do goberno socialista de Lugo.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.