A Xunta apoia a nova campaña de ‘LugoCentrum’ e a Asociación de Autónomas para fomentar o comercio local

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da nova campaña impulsada polo Centro Comercial Aberto LugoCentrum e a Asociación de Autónomas de Lugo para fomentar o comercio local, que conta co apoio do Goberno galego

A iniciativa Quero que me entendas. Comercio Fest desenvolverase durante o mes de setembro e inclúe accións de comercio na rúa e o reparto de tíckets entre os clientes das tendas asociadas para participar en actividades de ocio e sorteos que se desenvolverán os xoves pola tarde na praza Maior.

Arias salientou que “comprar no comercio de proximidade é apostar pola economía local” e puxo en valor as medidas de apoio da Xunta, como o Bono Activa Comercio, que leva mobilizado máis de 2 millóns de euros en vendas na provincia de Lugo e son máis de 23.500 persoas as que xa o descargaron; ou as axudas para fomentar que centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións leven a cabo proxectos co fin de dinamizar as vendas e promocionar os seus produtos a través das novas tecnoloxías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.