A Xunta entrega indumentaria do Xacobeo 2021-22 a dous lucenses que correrán en outubro na gran maratón de Chicago

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregou hoxe indumentaria do Xacobeo á lucense Karina Pasarín e ao rabadense Javier Vázquez, que o 10 outubro correrán na maratón de Chicago, unha das máis importantes do mundo. A Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, deulles senllas bolsas con vestimenta, máscaras e gorras promocionais do Xacobeo 2021-22

Vázquez e Pasarín forman parte do Club Verxel e van camiño de completar as seis majors, as grandes maratóns mundiais -a Vázquez quédalle a de Chicago e a Pasarín tamén a de Berlín-. Arias desexoulles sorte neste novo reto e agradeceulles que sexan “aliados da Xunta para promocionar o Ano Santo, o Camiño de Santiago e Galicia”. Destacou que “os deportistas representan como ninguén os valores presentes no Xacobeo, como a fraternidade, a unión, o esforzo, o afán de superación e a propia universalidade”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.