A Xunta recoñece a necesidade de apostar pola minaría circular

Cita datos recollidos no recente informe de Ecoloxistas en Acción, «O fin da minaría»

O Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde, abriu hoxe no Gaiás as xornadas «Minerais estratéxicos», nas que o lobby mineiro quixo facer gala dalgúns dos proxectos máis destructivos e contaminantes, que precisamente teñen imputados a varios cargos da súa consellería de industria: Varilongo (Santa Comba), San Finx (Santa Comba) e San Rafael (Touro e O Pino).

Pero, para a sorpresa dos asistentes, o Vicepresidente comezou o seu discurso facendo un chamamento a apostar pola denominada «minaría urbana», apostando pola recuperación e reciclaxe de metais. A pesar de que do evento se excluiron os movementos ambientais e sociais, Francisco Conde referiu diversos datos lanzados o pasado venres por Ecoloxistas en Acción no seu recente informe «El fin de la minería».

Por exemplo, o Vicepresidente manifestou a aposta da Xunta pola reciclaxe e economía circular, apostando pola «minaría urbana», isto é, a recuperación de metais desde os residuos electrónicos. Frente ao fracasado proxecto de minaría de ouro de Corcoesto, Francisco Conde colocou o exemplo da recuperación de metais desde os teléfonos móviles, indicando que de cada tonelada de teléfonos desbotados podemos recuperar 50 granos de ouro, 70 veces máis do que nun xacemento mineiro de alta concentración.

Ecoloxistas en Acción fai un convite á Xunta para dar as costas a un lobby inundado por prácticas corruptas e ambientalmente insustentábeis, e apostar decididamente pola circularidade, convidándoa a considerar as propostas de Ecoloxistas en Acción para minimizar as necesidade da extracción primaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.