ABANCA lanza os seus primeiros produtos de financiamento para os fondos Next Generation EU

Os produtos, dirixidos a particulares, autónomos, pemes, empresas e comunidades, financian a compra de vehículos ecolóxicos, a instalación de estacións de recarga e o anticipo de axudas

ABANCA lanza ao mercado os seus primeiros produtos de financiamento para actuacións vinculadas aos fondos de recuperación Next Generation EU e ao Plan Moves III, iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) para incentivar a mobilidade sustentable.

“Con esta oferta financeira comezamos a canalizar os fondos europeos para promover a recuperación e impulsar os sectores e actividades chamados a liderar o desenvolvemento económico e social nos próximos anos”, destaca Mónica Gondar, directora de Next Generation ABANCA.

A oferta de produtos de ABANCA para estas actuacións vai dirixida tanto a clientes particulares como a autónomos, pemes, empresas e comunidades de propietarios. As súas características principais son a súa axilidade de tramitación e a competitividade das súas condicións económicas.

Compra de bens e anticipo de axudas

En canto aos seus usos, permiten as seguintes finalidades. En primeiro lugar, o financiamento da compra de vehículos ecolóxicos por parte de particulares, autónomos, pemes e empresas. Ademais é posible financiar a instalación de puntos de recarga por parte de autónomos, pemes, empresas e comunidades de propietarios.

Doutra banda, as solucións de financiamento de ABANCA permiten o anticipo das axudas públicas Next Generation para a adquisición de vehículos ecolóxicos novos, chegando até o 100% da subvención á que o cliente teña dereito (que será dun máximo de case 10.000 euros). No caso de que o cliente financiase a compra do vehículo con ABANCA, á hora de anticipar a axuda beneficiarase de condicións especiais.

En todos os casos, a concesión dos préstamos realizarase de acordo cos criterios habituais de análises de riscos de ABANCA.

Impulso á sostibilidade

Co lanzamento destes produtos, ABANCA dá un novo paso para cumprir o obxectivo, establecido no seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible, de dispor ao peche de 2024 dunha alternativa sostible para a súa carteira de produtos e servizos financeiros.

Entre xuño e xullo deste ano, ABANCA lanzou tres fondos de investimento sostible, ABANCA Renta Fija Transición Climática 360, FI, ABANCA Renta Variable ESG 360, FI e ABANCA Renta Fija ESG 360, FI. Ademais, o banco acaba de realizar a súa primeira emisión de bonos verdes, contemplada para este 2021 no seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.