Amarelle e Copa Galicia, primeiro test para ‘As Guerreiras’ 21-22

As Guerreiras Laranxas estrearán a emoción sobre o parqué este sábado fronte ao Viaxes Amarelle FSF, en cuartos de XV Copa Galicia (18.00 horas). O pavillón polideportivo Sagrada Familia abrirá a cita cun minuto de silencio polo falecemento do presidente e alma máter do equipo anfitrión, Severino Amarelle

O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do conxunto herculino.

Neste primeiro termómetro da tempada, o Pescados Rubén Burela, na defensa do trono irmandiño, buscará a clasificación para semifinais. No caso de saír triunfal medirase ao gañador de Mosteiro Bembrive-Ourense Envialia (marcado para a mesma hora ca o duelo laranxa), coa ida prevista o 22 de decembro.

O Amarelle, que este ano volverá contar coa cesión burelista de Cris Lourés nas súas filas, chega á cita con dous enfrontamentos en pretempada, a derrota ante Poio Pescamar (2-0) e despois de superar a fase previa copeira con autoridade fronte 5Coruña FS (1-10), de Segunda.

Antes da estrea en liga do vindeiro 18 de setembro (Vista Alegre, Melilla), as pupilas de Lucas volverán ao parqué para visitar o Castro FSF (mércores 14, 20.30 horas).

Cilene e Jenny, na recta final de recuperación, non entrarán na lista de convocadas para mañá. Tampouco estará Irene Samper, tras sufrir unha luxación de ombreiro onte durante o adestramento.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi Oliveira, 3. Dany, 4. Sandra Buzón, 7. Peque, 8. Cami, 10. Lara Balseiro, 13. Elenita, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Elena Aragón, 21. M. Cortés, 99. Emilly

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.