Apróbase a construcción dun SkatePark en Viveiro, con axitación da alcaldesa

O BNG de Viveiro levou para o seu debate en pleno a demanda histórica da construción dun SkatePark en Viveiro

A moción defendida pola concelleira Míriam Bermúdez, propoñía contar cunha empresa especializada para a construción do mesmo e a ser posíbel, considerar para a súa ubicación algunha das zonas máis demandadas pola veciñanza, como son a zona de Lodeiro e a zona verde fronte á piscina municipal.

A alcaldesa, quen ocultou en todo momento a recollida de 1200 sinaturas realizada en 2017, recoñeceu no pleno que si lle foran entregadas e xustificou a súa falta de implicación dicindo que «non se construiu o skatepark porque os comezos son complicados». María Loureiro leva desde 2011 na alcaldía, primeiro como tenenta de alcalde e desde 2013 como alcaldesa, polo que no BNG non sabemos canto tempo máis é necesario para que colla rodaxe despois de 10 anos no goberno municipal.

Molesta coa proposta, María Loureiro tamén culpou ao BNG de non estar do lado do goberno á hora de aprobar os orzamentos. «María Loureiro e Bernardo Fraga, o cogoberno de Viveiro, apareceu dun día para outro en prensa anunciando a aprobación dos orzamentos municipais. Mais parece ser que a culpa da falta presupostaria é da concelleira do BNG» ironizou Míriam Bermúdez. A concelleira nacionalista aproveitou para denunciar este «conveniente acordo pechado chamado orzamentos municipais», como xa fixo no seu día: «leváronse a pleno uns orzamentos pechados de PSOE con POR VIVEIRO, sen convocar en ningún momento ao BNG para a redacción ou modificación dos mesmos. O BNG tan só puido expresar a súa valoración no mesmo pleno ao que se levaron para a súa aprobación, onde tampouco foron escoitadas estas demandas e modificacións.» Míriam Bermúdez rematou dicindo con ironía: «Viveiro é o primeiro concello do mundo onde as cousas non se fan porque unha concelleira da oposición vota en contra dos orzamentos, e non por culpa goberno.»

A moción saiu aprobada por unanimidade tras María Loureiro verse presionada, quen declarou que se fará a construcción cando o goberno o decida e non cando o BNG o diga, como se esta infraestrutura non fose xa con retraso cando varios concellos da Mariña levan anos desfruntando delas. Míriam Bermúdez, consciente da falta de palabra e compromiso da alcaldía, envia unha mensaxe de esperanza dicindo que non se de ningunha batalla por perdida, «no BNG estaremos espectantes e insistiremos as veces que faga falla até que se cumplan os acordos plenarios».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.