As inundacións provocadas polo Rego da Ranqueira poñen en pé aos veciños de Santaia de Chamín (Arteixo)

Alternativa dos Veciños de Arteixo e a veciñanza de Santaia de Chamín concentráronse para esixirlle ao Goberno Municipal que solucione os problemas existentes co Rego da Ranqueira, “xa que estamos preto doutro inverno e os veciños non están dispostos a seguir sufrindo as consecuencias das inundacións provocadas polo aumento do caudal”

Alternativa dos Veciños e a veciñanza de Santaia de Chamín, en Arteixo, esixen ao Goberno Municipal que solucione dunha vez por todas os problemas existentes no Rego da Ranqueira, xa que a incapacidade do Goberno para resolver este problema está a ocasionar graves problemas á veciñanza de Santaia de Chamín.

“A veciñanza de Santaia esixe que se entube o cauce do rego desde o punto onde se ocasionan as inundacións no inverno como consecuencia do aumento de caudal”. O que non queren os veciños é que se desenvolva unha obra que non soluciona todos os problemas existentes e que ademais pretende privatizar aos veciños do aproveitamento de auga procedente do Rego da Ranqueira. Un aproveitamento do que se levan servindo estas vivendas e utilizando para regadío desde fai máis dun século.

Unha obra que non tería máis complicación que instalar 40 metros de tubo, e facer un muro de contención nun tramo para asegurar a estrada que está a ceder como consecuencia das inundacións, que derivan do rego durante o inverno, “pois a incapacidade do Goberno Municipal provoca que esteamos preto doutro inverno e que todo siga sen solucionar” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“O Goberno Municipal pretende ocultar a súa incapacidade de xestión culpabilizando aos veciños da paralización das obras, cando foi o goberno quen non especificou debidamente o cauce do rego no proxecto de construción do muro, que quedaría atravesado polo mesmo”.

Os veciños aínda seguen esperando a que o alcalde acuda a reunirse con eles, tal e como prometeu cando se tiveron que paralizar as obras polos erros cometidos na elaboración do proxecto, pero despois de tres meses non teñen máis noticia do concello que unha simple notificación solicitándolle a presentación das escrituras das súas propiedades onde se reflicta a existencia do citado rego. Algo que xa presentaron todos os veciños.

Ao parecer, todo parece indicar, que a idea do Goberno Municipal era eliminar este tramo de rego e privar ás vivendas do aproveitamento de auga que levan utilizando desde fai máis dun século para regadío.

“Este equipo de goberno nunca deixará de sorprendernos” matiza Juanfran Martínez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.