Baiuca e El Drogas novas confirmacións para o San Froilán

Maite Ferreiro deu a coñecer novas confirmacións para o San Froilán 2021. Maite Ferreiro deu conta tamén de dous novos concertos para esta edición. As veciñas e veciños de Lugo poderán desfrutar das músicas Baiuca e El Drogas durante este San Froilán, respectivamente o día 8 na praza Horta do Seminario e o día 11 en Santa María.

Baiuca comezou a actuar con este nome no ano 2017, cando o artista decide deixar atrás o pop que explorou baixo o nome de Alex Casanova, e comeza a innovar mesturando música electrónica co folk galego, mesturando os sons clásicos da cultura galega cos sintetizadores e as caixas de ritmos. Conta con dous álbums de estudo publicados no 2018 e no 2021, e con máis dunha ducia de singles. Conta con máis de 2.5 millóns de reproduccións en Youtube.

Enrique Villareal, El Drogas, foi durante preto de 30 anos o cantante e baixista da banda de rock Barricada. Desde o seu primeiro disco con Barricada, no 1983, publicou preto de 30 discos coas distintas formacións das que fixo parte e 6 discos como El Drogas desde o ano 2012. É unha das voces máis recoñecibles dentro do rock estatal. El Drogas chega a Lugo co seu novo proxecto literario e musical, 189 escritos con una mano enferma e El largo sueño de una polilla, que sairá á venta o vindeiro 1 de outubro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.