Bimba y Lola construirán en Vigo a súa sede central na Avenida de Madrid

Abel Caballero salientou o prestixio e o valor engadido que xera a firma téxtil e amosou a súa satisfacción polo reforzo da dinámica da Avenida de Madrid “cun entorno máis humanizado e maior capacidade de atracción.»

O concello outorgou a licenza de obra a empresa téxtil Bimba y Lola, que trasladará a súa sede central de Mos a Vigo coas novas oficinas na Avenida de Madrid, 133. O orzamento da licenza é de 4.758.112,5 euros e o inicio da execución das obras non poderá exceder de seis meses.

Abel Caballero amosou “o interese para Vigo polo prestixio, unha firma coñecida en todo o mundo, con bos resultados e que aporta valor engadido e que coa súa instalación na Avenida de Madrid xeran un entorno máis humanizado e maior capacidade de atracción”, segundo puxo de manifesto en rolda de prensa.

A superficie total da nova sede de Bimba y Lola será de 9.270 metros cadrados. As obras solicitadas consisten na eliminación dun volume de acceso na fachada principal e unha ampliación na planta terceira e corpo pechado na cuberta para instalacións, diferentes engadidos na fachada posterior e leste e distintos cortizos repartidos pola parcela. A reorganización do volume derrubado na reconfiguración da cuberta na zona de acceso, e volume exento exterior para instalacións. Ademais engádese unha escaleira exterior par ao cumprimento das condicións de evacuación, ademais da redistribución e acondicionamento interior para usos terciarios- oficinas e o acondicionamento exterior da parcela como aparcamento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.