CCOO reivindica pensións dignas e reforzar os servizos públicos para atender as persoas maiores

Mañá venres, 1 de outubro, conmemórase o 31.º aniversario do Día Internacional das Persoas Maiores, instaurado pola Asemblea Xeral da ONU, na súa resolución 45/106. Por este motivo, Comisións Obreiras (CCOO) reclama nesta data a visibilidade e a necesidade de recoñecer as grandes achegas que das persoas maiores realizan para o avance da nosa sociedade, así como a crear conciencia interxeracional sobre as diferentes oportunidades e desafíos do envellecemento activo.

O sindicato convoca para mañá concentracións na Coruña, Ferrol, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra. Tanto nestas catro localidades como nas restantes cidades galegas, CCOO rexistrará un documento coas principais reivindicacións con motivo desta data.

As principais demandas de CCOO teñen que ver coas pensións dignas e co reforzamento dos servizos públicos —especialmente no que respecta á sanidade— para atender as necesidades das persoas maiores. Por esta razón, o sindicato pide melloras na atención primaria, na axuda a domicilio, no sistema de atención á dependencia, combater a pobreza enerxética e dar cabo dos problemas de acceso a unha vivenda.

Concentracións e rexistro do documento coas reivindicacións

— A Coruña. Ás 12:00, na Subdelegación do Goberno (avda. da Marina, 23)

— Ferrol. Ás 11:30, no edificio da Xunta (praza Amada García)

— Vilagarcía de Arousa. Ás 11:00, no Concello de Vilagarcía (praza de Ravella)

— Pontevedra. Ás 12:00 na Subdelegación do Goberno

Entrega e rexistro do documento coas reivindicacións

— Santiago de Compostela. Ás 11:30, no edificio da Xunta en San Lázaro-Santiago

— Foz. Ás 12, no Concello.

— Lugo. Ás 12, na Subdelegación do Goberno

— Ourense. Ás 9:30, na Subdelegación do Goberno

— Vigo. Ás 10, na Delegación da Xunta de Galicia

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.