Contraminacción: Rede contra a Minaria Destrutiva na Galiza e Entidades ambientais galegas denuncian o oscurantismo da Xunta na elaboración da nova Estratexia galega de minería sostible

O Vicepresidente segundo e conselleiro da Xunta de Galicia Francisco Conde López leva desde xullo negociando co lobby mineiro a Estratexia galega de minería sostible

O documento que debera ser sometido á preceptiva información pública e participación da cidadanía, obvia ata o momento, a declaración de impacto ambiental estratéxica e o Informe de repercusións sobre a Rede Natura 2000 que prescribe a actual normativa ambiental.

Entidades ambientais galegas denuncian que o Vicepresidente segundo e conselleiro Francisco Conde López ignore a participación pública e a avaliación ambiental estratéxica da Estratexia galega de Minería sostible, que está a negociar desde o 4 de xullo de 2021 co lobby da Cámara Mineira de Galicia que preside Juan José López, vencellado a empresas como Rafaella Resources e Córcel Minerals, coñecidas polos incumprimentos reiterados da normativa mineira en relación a sondaxes mineiras ilegais e á falla de restauración minera do chamado grupo mineiro Santa Comba.

Mentras que as Comunidades autónomas e os países europeos da nosa entorna abren un periodo de información pública para someter a consulta o borrador de la Declaración de Política sobre Exploración e Minería de Minerais, como ocorre por exemplo en Irlanda, xunto co informe ambiental asociado e a declaración de impacto sobre a Rede Natura, aquí en Galicia o oscurantismo é total.

As entidades ecoloxistas lémbranlle ao Conselleiro Francisco Conde que é inútil obviar ou dilatar no tempo a participación da cidadanía nos procesos de elaboración da normativa mineira e no seguimento da súa execución, porque tal participación está recoñecida legalmente e en tratados internacionais e normas comunitarias.

Tamén recordan que a “nova Estratexia galega de minería sostible” pasa en primeiro lugar por restaurar os espazos mineiros degradados que aínda non se restauraron como a antiga mina do Monte Neme, a mina de Santa Comba, a mina de San Finx de Lousame ou a de Touro.

Os espazos sometidos á actividade mineira deben ser restaurados, por lei, ao finalizar o seu período de explotación. Non se pode falar de nova estratexia galega de minería sostible cando se perpetúan os erros da vella estratexia galega da minería irresponsable.

Contraminacción: Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza

Asociación ambiental Petón do Lobo

Asociación galega Cova Crea

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.