Convocatoria da Selección Galega Sub16 para o Nacional de Atletismo en Idade Escolar

A Dirección Técnica logo da consulta ós distintos/as responsables dos diferentes sectores da FGA, ven de facer pública a selección Galega que tomará parte o vindeiro 10 de outubro no Campionato de España Sub16 en Idade Escolar

Esta cita terá lugar na cide manchega de Cuenca, e a ela acudirán unha trintena de galegos e galegas con moitos desexos de competir logo de que o ano pasado non se poidera celebrar polas circunstancias sanitarias.

O combinado galego deste ano está formado por un importante equipo no que destaca a presenza das campioas de España Sub16 do pasado mes de xullo en Lleida, Xela Martínez da Atlética Lucense quen tomará parte na proba dos 3.000 m. e Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega quen o fará sobre a proba de velocidade dos 100 m. De igual modo tamén están seleccionadas as medallistas no citado campionato Gema Dacosta do Vila de Cangas en Peso; Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 300 m. e de Lisa Vosberg do AVA no concurso de Pértega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.