Cultura organiza xunto coa Asociación de Gaiteiras Galegas o I encontro de zanfona de Lugo

O encontro contará con distintos concertos e actuacións de rúa entre o 17 e o 19 de setembro

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou xunto con Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola e Xaneco Tubío, presidente da AGG representantes da Asociación de Gaiteiras Galegas o I encontro de zanfona de Lugo, que terá lugar durante esta fin de semana. Maite Ferreiro afirmou que “con este encontro buscamos dar a coñecer a zanfona, dándolle o protagonismo ás distintas propostas existentes con este instrumento tanto na música tradicional como na contemporánea”.

A edil de Cultura destacou a riqueza da música tradicional galega, e destacou que “a música tradicional galegas está considerada como unha das máis ricas de europa tanto en calidade como en cantidade e variedade”, e destacou que “con este encontro homenaxearemos a todas as persoas que adicaron e adican a súa vida a coñecer e explorar os usos da zanfona para manter viva a súa riqueza cultural”.

I encontro de zanfona de Lugo traerá, entre o venres 17 e o domingo 19, distintas actuacións de rúa ao casco histórico e tres concertos á carpa da praza da Soidade. A entrada aos concertos será gratuíta ata completar a cabida da carpa.

Programa I encontro de zanfona de Lugo

Venres 17

Actuacións de rúa entre as 18:30 e as 20:30

–         O cego e o criado

–         Os cegos da veneira

Concerto na praza da Soidade ás 20:30

–         Tundal

Sabado 18

Concerto didáctico para nenas na praza da Soidade ás 12:00

–         Luís Caruncho e Chus Folqueira

Concerto na praza da Soidade ás 13:00

–         Miro Casabella

Actuacións de rúa entre as 18:30 e as 20:30

–         O cegho de Matamá e Aldariña de Candeán

–         Escola cultural municipal de zanfona de Narón

–         Zanfoneiros da Tradescola

Concerto na praza da Soidade ás 20:30

–         Pärbo

Domingo 19

Actuacións de rúa entre as 11:30 e as 13:30

–         Monifates

–         Grupo de zanfonas da EIPG de Suso Vaamonde

Aula aberta de Zanfona entre as 12:00 e as 13:00 horas

–         Aula de Germán Díaz con alumnado da Tradescola

Concerto na praza da Soidade as 13:00

–         Obal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.