Denuncian o peche de oficinas bancarias e restricións dos horarios de atención ao público por toda Galicia

O Concello de Oleiros denuncia o peche das oficinas bancarias en diferentes poboacións da xeografía galega “afectando a milleiros de persoas”

Numerosas entidades bancarias están procedendo ao peche das súas oficinas físicas como é o caso de ABANCA que nos últimos 5 anos pechou máis de 100 oficinas en Galicia. Trátase dun asunto moi grave e de importancia xa que moitos concellos, especialmente do rural, quedaron sen ningunha oficina física con atención presencial (xa hai 7 concellos galegos sen ningunha oficina no lugar), relegando á veciñanza ao uso dos caixeiros automáticos, que en numerosas ocasións sofren avarías ficando inutilizados por varias xornadas; e á banca electrónica, co prexuízo que causa na maioría de persoas maiores que non manexan estes medios.

Ademais do peche das oficinas bancarias, se está falando de que a Xunta de Galicia financie a instalación de caixeiros automáticos nos lugares onde pecharon oficinas. É un asunto gravísimo que se debe tratar de subsanar coa maior celeridade posible.

O Concello de Oleiros demanda “que se estableza un horario de atención presencial máis dilatado para o pagamento de recibos e a realización de xestións bancarias xa que as restricións actuais relegan á veciñanza a realizar operacións mediante banca electrónica, sendo as persoas maiores as máis afectadas por carecer, en moitos casos, de coñecemento na materia”.

A Deputación da Coruña tratará este asunto no próximo Pleno do venres 1 de outubro: “O peche das sucursais e o reducido horario de atención ao público é indignante. As persoas maiores son as máis afectadas xa que non poden facer xestións presenciais no banco. Os bancos ganan moitos cartos a conta das persoas usuarias e non poden xogar con nós nin con outras entidades. É un asunto gravísimo!” afirma García Seoane.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.