A Deputación de Lugo apoia con 20.000€ a celebración dunha nova edición do FIV de Vilalba

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, asinaron este martes no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial apoia con 20.000€ a celebración do Festival Internacional de Vilalba (FIV), que terá lugar esta fin de semana, entre o venres 17 e o domingo 19 de setembro.

O mandatario provincial destacou que “con esta contía económica, a Deputación axuda a manter este festival, que ademais dunha proposta de lecer que dinamiza socialmente a nosa provincia, ten un retorno importante para sectores como a hostalería e o comercio”.

Este evento musical, que naceu no 2008 e que logo de 12 edicións está consolidado como un referente do indie rock nacional, é todo un revulsivo para a comarca chairega.

Neste 2021 terá un formato adaptado ás condicións sanitarias. O Concello de Vilalba prolongou un día o festival para que poida achegarse máis xente coas debidas medidas de seguridade, e adaptou o contido para que teña cabida un público máis familiar. Terá capacidade para un mínimo de 1.000 persoas e un máximo de 2.000 nunhas condicións óptimas de seguridade.

Programa do FIV 2021

Venres, 17 de setembro:

Escenario na Praza da Constitución

– 18.00 horas. Momboi

– 19.30 horas. Magical Colors

– 21.00 horas. Dani

– 22.30 horas. Melenas

Sábado, 18 de setembro:

Auditorio Municipal

– 12.00 Proxección do documental Paco Loco: Viva el Noise

Explanada do Pavillón Municipal de Deportes

– 17.00 horas. Xoel López

– 19.00 horas. Ortiga

– 20.30 horas. La Bien Querida

– 22.15 horas. Novedades Carminha

– 00.00 horas. Zahara

Domingo, 19 de setembro:

Escenario da Praza da Constitución

– 13.00 horas. Petit Pop

– 17.00 horas. Banda de Música de Vilalba

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.