Entregados os diplomas aos 16 mozos participantes no obradoiro ‘Vencellos da memoria’, de Ribadeo e Barreiros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que xa está en marcha nestes concellos un novo taller para menores de 30 anos que seguirá traballando coa documentación municipal e suma un novo módulo centrado no medio ambiente

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregoulles hoxe os diplomas aos 16 mozos e mozas que participaron nos últimos meses no obradoiro de emprego Vencellos da memoria, promovido polos concellos de Ribadeo e Barreiros. No acto tamén estiveron os respectivos alcaldes, Fernando Suárez e Ana Ermida.

Arias explicou que a Consellería de Emprego e Igualdade financiou con 369.500 euros este taller, que traballou na organización e dixitalización de fondos documentais de ambos arquivos municipais.

Engadiu que xa está en marcha en Ribadeo e Barreiros o novo obradoiro para menores de 30 anos Territorio Vivo, que volve contar coa especialidade de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, na que oito alumnos lles dan continuidade a esas tarefas.

Ademais, outros oito inscritos participan nun  módulo de interpretación e educación medioambiental. O alumnado desta nova especialidade creará un centro de interpretación virtual do patrimonio natural destes municipios, realizará visitas guiadas e elaborará xeorutas pola ría de Ribadeo e pola fraga de Santo Estevo do Ermo. Tamén prevé crear un percorrido que conecte a ruta dos montes (Ribadeo) coa do Comado (Barreiros), entre outros proxectos.

Ambos os dous talleres suman un investimento de 739.000 euros dirixido a favorecer a ocupación de mozos e mozas desempregados mediante a formación e o acceso a contratos laborais. Arias destacou que os obradoiros “imparten especialidades con demanda no mercado de traballo, polo que resultan eficaces á hora de mellorar os perfís profesionais das persoas que se forman neles”. Tamén puxo en valor “o impacto que deixan nos concellos as obras ou servizos que desenvolve o alumnado”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.