Feijóo coñeceu o proxecto dun monumento dedicado aos máis de 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá no ano 1904.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá ao presidente da Fundación Nosa Terra, Ricardo Gago, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen lle presentou o proxecto dun monumento dedicado aos máis de 8.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá no ano 1904.

O titular do Goberno galego coñeceu o proxecto da escultura que se instalará nun lugar emblemático da canle panameña e a través do cal se recordará o esforzo destes galegos por executar esta importante obra de enxeñería esencial para o desenvolvemento económico da humanidade.

Durante o encontro, Ricardo Gago tamén lle transmitiu a Feijóo que a escultura contará cunha das pas, como elemento simbólico, coas que traballaron estes galegos, moitos dos cales se asentaron en Panamá onde formaron unha familia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.