Feijóo e Ana Beltrán arrouparán a Elena Candia na súa reelección como presidenta provincial

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e a vicesecretaria de Organización d Partido Popular, Ana Beltrán, arrouparán este domingo a Elena Candia na súa reelección como presidenta provincial. Así o indica a Comisión Organizadora do Congreso, e que preside a vilalbesa, Patricia Teijeiro.

Deste modo, concluirá o proceso iniciado no mes de xullo e que contou cunha campaña intensa por parte da única candidata a dirixir o partido na provincia. Proba delo é que ao longo das últimas semanas, Elena Candia mantivo distintas reunións de traballo para pulsar a opinión da afiliación, recoller as súas propostas e explicarlles o proxecto político que liderará a partir do domingo 19. Precisamente, a xuventude tivo un protagonismo destacado, como así se reflicte nas xuntanzas cos afiliados mozos e os concelleiros de xuventude, e seguiráo tendo na formación que encabeza a mindoniense.

Cronograma do Congreso

O cónclave, ao que está previsto que acudan unhas 600 persoas, e que se desenvolverá no pavillón municipal de Outeiro de Rei, dará comezo ás 9:00 horas coa acreditación de compromisarios e dos invitados. Ás 10:30 constituirase e votarase a Mesa do Congreso. Seguidamente, e logo do saúdo do alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, como anfitrión do evento, votarase o regulamento e darase lectura á candidatura presentada. Ás 11:15 horas, exporase o informe de xestión do secretario Xeral saínte, Juan Carlos Armesto, e, ás 11:30 horas, exporase e votarase o Comunicado “Un proxecto de partido, un proxecto para Lugo”, por parte da súa coordinadora e deputada autonómica, Cristina Sanz. Acto seguido, darase lectura os resultados e á proclamación da presidenta. A clausura será ás 12:00 horas e contará coas intervencións de Alberto Núñez Feijóo, Ana Beltrán e a presidenta Elena Candia.

Retransmisión do Congreso

A Comisión Organizadora informa, ademais, que, co fin de facilitar o seguemento do cónclave, este será retransmitido en streaming a través da canle de YouTube do PP (https://youtu.be/-lTTTfp62v0) e da páxina de Facebook (https://www.facebook.com/populareslugoprovincia/posts/1740110646377844). Os medios de comunicación acreditados terán unha sala á súa disposición para desenvolver o seu traballo. Está comunicada co propio pavillón no que se desenvolverá o Congreso e contará cos todos os recursos técnicos necesarios para a cobertura da información.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.