Felipe Rivas e Rubén Arroxo visitaron o comedor do CEIP Rosalía, que vén de iniciar a actividade polo novo curso escolar

O edil de Educación explicou que «coa mellora da situación sanitaria puidemos aumentar a cabida dos comedores para facilitar a conciliación as familias»

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo visitou xunto co concelleiro de Educación, Felipe Rivas, o comedor escolar do CEIP Rosalía, que vén de iniciar a súa actividade coincidindo co comezo do novo curso escolar. «Este ano os comedores escolares atenderán a preto de 700 usuarios, máis dos que se atenderon antes da pandemia», explicou Felipe Rivas, que engadiu «organizamos os comedores en distintas quendas para garantir a mínima ocupación simultánea, mellorando a seguridade deste servizo».

A concellería de Educación adaptou os protocolos dos comedores ás novas normas elaboradas polas autoridades sanitarias, «o que permitiu aumentar a cabida xeral do servizo, facilitando a conciliación ás familias», explicou Felipe Rivas, que destacou que «este ano puidemos outorgar praza a todos os usuarios fixos do servizo de comedor, e aos fixos e esporádicos do servizo de madrugadores».

 Felipe Rivas puxo en valor o traballo do persoal da concellería de Educación e a colaboración das equipas directivas dos centros que anualmente se leva a cabo de cara ao inicio de curso para organizar este servizo. «desde o ano pasado, todos os centros públicos de Lugo contan con servizo de madrugadoras e madrugadores, un servizo necesario para moitas familias debido ás súas xornadas laborais», sentenciou o concelleiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.