Fin de semana chea de competicións para a SD Compostela Atletismo

A fin de semana de competicións para a SD Compostela Atletismo comezou esta pasada fin de semana o venres en Silleda, nunha proba de pouco máis de 5 quilómetros na que varios corredores acabaron destacados en postos de podio: Jose Sandá, 7º absoluto e 3º Máster A; Manu Castiñeiras, 11º absoluto 5º Máster A; e Elena Veres 5º Muller e 1ª Senior

Ademais, tamén competiron na vila pontevedresa Borja Cardesín, Jorge Castro, Laureano Varela e Iván Abeledo; e entre os cativos: Yago Iglesias (gañador en Sub 16), Lucía Taboada, Xoel Otero, Africa Gil, Daniela Gil, Claudia Castro, Ariana Iglesias e Izan Parrado.

No control de marcas de Pontevedra, Emilio García participou nos 800 metros, acadando un tempo de 2:15 no seu debut na distancia.

Ademais, as cores do Compos tamén estiveron en terras andaluzas, na carreira de Vera en Almería, onde Brais Picón gañou a combinada sub18/ Sub 20.

Asimismo, os OCR da SD Compostela Atletismo competiron en Canarias e Narón con Paula Esteiro 1° Élite e Damián Espasandín 2° absoluto, respectivamente.

O domingo, Juanito participou no I Trail Curto de Miño, quedando entre os vinte primeros absolutos.

A maiores, tamén na xornada dominical, algúns repetiron actividade deportiva, quilómetros camiñando por area, sentadillas para recoller cabichas e residuos plásticos de todo tipo, xunto cos amigos do Atletismo Deza, xuntando unha morea de xente para botar unha man ao noso planeta.

A próxima fin de semana, algúns atletas do equipo irán a Cantabria para participar no Campionato de España de Medio Maratón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.