Habilitada en Vilalba unha nova zona de aparcadoiro gratuíto ao carón do casco histórico con capacidade para máis de 70 vehículos

O Concello de Vilalba habilita unha nova zona de aparcadoiro ao carón do casco histórico, dando resposta ás demandas veciñais e incrementando os servizos públicos do municipio

Esta nova zona de estacionamento, gratuíto e disuasorio, terá máis de 2.300 metros cadrados e unha capacidade para máis de setenta vehículos. As persoas que o utilicen están a un minuto andando da praza de Santa María e moi preto do auditorio ou o Parador de Turismo.

“Unha moi boa nova para o noso concello, era un compromiso de noso grupo de goberno incrementar as prazas de aparcadoiro”, asegura Rodrigo Pavón, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Servizos, Espazos Cidadans e relación cos veciños de Vilalba.

Mentres non rematen as obras na rúa das Pedreiras, o acceso será pola rúa da Pedra, ben sexa subindo pola rúa da Ferrería e xirando á esquerda ou baixando pola rúa do Sol e xirando á dereita.

“Levamos traballando moitos meses nesta idea, negociando coas familias propietarias xa que son dúas parcelas unificadas, unha cesión en aluguer que nos permite dotar de novos espazos públicos aos veciños e veciñas”, asegura Pavón.

“O casco histórico de Vilalba debe ter un servizos axeitados e con este novo espazo de aparcadoiro damos un paso importante, polo que estamos moi satisfeitos”, remata o concelleiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.