Impulso histórico da Xunta ao Atletismo Galego 

Tal e como recolle a última nota de prensa da Secretaría Xeral para o Deporte, a Xunta de Galicia continúa a impulsar dun xeito importante ao Atletismo Galego, dotándoo dunha serie de infraestruturas en diferentes puntos da nosa comunidade que lle poden dar un salto cualitativo moi importante, a maiores das propias xestións que se están dando a través doutras administracións, noutro capítulo propio que chegará.

No día de onte, Lete Lasa visitou Negreira onde se comprometeu a financiar xunto a outras administracións, a construción dun módulo descuberto que arranxe a problemática que teñen os atletas do clube local, coa presencia entre eles de Alba Cuns.
Nestas últimas datas, anunciouse a ampliación das instalacións da Fieiteira en Ribeira o que converterá a infraestrutura nunha referencia na zona , ademais do histórico anuncio das pistas de A Veiga en San Ciprián, no Concello de Cervo, unha demanda histórica da comarca da Mariña, que cada día medra máis no tecido atlético. Por se fora pouco, a comarca tamén contará da man da Federación Galega de Atletismo cun centro de trail running en Mondoñedo, o que lle dará un importante salto á oferta deportiva da comarca.
O Alcalde da Estrada, o popular José Campos acadou o acordo plenario e nestes momentos, busca as posibilidades da man da Xunta de Galicia, nuns terreos de propiedade da Academia Galega de Seguridade Pública para sacar adiante un proxecto de pistas de Atletismo, no centro de Galicia.
En Vigo, a Xunta de Galicia anunciou en boca do propio Presidente, Alberto Núñez Feijoo, a construción dun módulo cuberto na ampliación do IFEVI, o que sumado á remodelación integral de Balaídos, anunciada por Abel Caballero, converterá a Vigo nun lugar de referencia atlética.
Ourense é un dos centros de referencia do atletismo en pista cuberta a nivel nacional, cunha inversión por parte da administración autonómica que supera os 3.5 millóns de euros e aspira a máis pronto que tarde, a seguir acollendo eventos de referencia a nivel nacional e incluso internacional. O propio Presidente da RFEA, Raúl Chapado, calificou o Campionato de España absoluto, unhas semanas antes do inicio da pandemia, como o mellor da historia no deportivo e organizativo.
Por se fora pouco, que non o é, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Atletismo veñen de facer pública a creación do Centro de Ensinanzas Deportivas Atletismo Galego coa colaboración directa da UDC, o que é un fito histórico para a formación do atletismo en Galicia.
O Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos cunha capacidade de traballo incansable ao carón do seu equipo de traballo, está sacando adiante todas e cada unha das reivindicacións do atletismo galego, cunha conexión directa coa Xunta, que apoia un tras outro proxecto do atletismo dun xeito ilimitado.  Nun contexto como o actual, de progresiva incorporación á actividade habitual, o atletismo galego, ten numerosos desafíos, pero cunha folla de ruta e cunha velocidade, nunca mellor dito, difícil de igualar, de plusmarca en plusmarca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.