Inés Sabanés (VERDES EQUO) pedirá a comparecencia da Ministra de Transportes para preguntar polas inversións nas liñas de ferrocarril A Coruña-Ferrol e Ferrol-Ribadeo

Proxectos de mellora na liña A Coruña-Ferrol, como o bypass de Betanzos, permanecen sen executar desde fai más de vinte anos

VERDES EQUO Galicia sostén que o problema ven de lonxe. «Estas liñas están desatendidas pese ás reclamacións das plataformas sociais, que poñen de manifesto a escaseza de frecuencias e a mala conservación de tramos do trazado». O problema tamén recae na conservación dos propios vehículos, xa que na liña Ferrol-Ribadeo é habitual o transbordo a autobuses por avarías nos trens.

O partido verde rexistrou a través da súa deputada no grupo parlamentario no Congreso Más País-Verdes Equo, Inés Sabanés, unha serie de preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade referidas a inversións, electrificación de liñas e melloras de mantemento en Galicia.

“A electrificación da liña A Coruña-Ferrol e a implantación do Tren de Proximidade para dar servizo a 400.000 habitantes é unha demanda social que, ademais de mellorar a mobilidade na comarca, contribúe á loita contra o cambio climático”, reitera Néstor Vázquez, covoceiro de VERDES EQUO Galicia.

A Deputada verde percorre diversas localidades do Norte para coñecer de primeira man os problemas destas liñas de Feve y Renfe. Inés Sabanés reuniuse con diferentes plataformas de apoio ao tren convencional co fin de escoitar as propostas dos usuarios, moitos deles no ámbito rural.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.