‘Jazz da Rúa Nova’ levará a música jazz do casco vello á periferia do rural compostelano

aCentral Folque co apoio da concellaría de acción cultural poñen en marcha esta terceira edición cun feixe de propostas en cooperación con distintos axentes da cidade

Un ano máis desenvólvese en Compostela o Jazz da Rúa Nova. Do 2 ao 5 de Setembro, aCentral Folque co apoio da Concellaría de Accion Cultural, convida á cidadanía a mergullarse e facer parte da  particular e diversa “cultura do Jazz” incluíndo un concerto especial de Alejandro Vargas e intervencións de arte sonoro, narración oral, memoria local e actividades dixitais. As actividades desenvolveranse en espazos da cidade como a sede Afundación, o NH COLLECTION SANTIAGO e en lugares das parroquias rurais de San Xoán de Fecha e A Peregrina.

Jazz da Rúa Nova quer consolidarse con esta 3ª edición como unha programación novidosa, lonxe dos clásicos Festivais ou Mostras de Jazz e profundar noutro tipo de experiencias derivadas da nova cultura do Jazz galega e compostelana.

A oferta artística continua coa aposta por sacar o Jazz do seu clásico confinamento en bares, salas e teatros e levalo de forma natural e lúdica a barrios e sobre todo ás parroquias do rural como acontecerá coas intervencións de Quico Cadaval en San Xoán de Fecha e Xurxo Souto no Adro da Peregrina.

Na programación participarán 19 artistas: música, arte sonoro, narradores orais, palestrantes apostando polo valor local. O pianista Alejandro Vargas, o guitarrista Marcos Pin, o saxofonista Pablo Castaño, o cantor Ramón Bermejo, a musicóloga Beatriz Cancela, o musicólogo Alberto Cancela, o artista sonoro Xoán Xil, a antropóloga e performer Paula Ballesteros son algúns dos nomes protagonistas da presente edición.

Jazz da rúa nova da cabida a propostas con participación feminina incorporarando actividades con perspectiva de xénero como as dirixidas polas musicólogas Beatriz Cancela e Eva Moreda.

O festival continúa promovendo os valores da sustentabilidade e o seu respecto polo patrimonio destacando un xacemento arqueolóxico como é A Pedra que fala en Vilar do Rei para a realización dunha “inmersión sonora” por parte do Colectivo Rupestre Sonoro. Para esta actividade haberá autobús para desprazarse desde Compostela. Poderán anotarse desde as redes sociais de aCentral Folque.

Cabe destacar ademáis a participación activa no proxecto de: Ateneo de Santiago, o Coro da Rá, Colectivo A Rula, CE Mauxo, Luneda, AVV. San Xoán de Fecha,  A.VV. Da Peregrina, As Nosas Músicas e a Asociación A Pedra que Fala.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.