Jorquera: “Medio ano despois de adxudicar o proxecto, a reforma do campo de fútbol de Eirís aínda non comezou”

Jorquera formúlalle un rogo oral ao Executivo coruñés para a súa lectura no Pleno do 9S

Medio anos após de se adxudicar o contrato –cun prazo de execución de 8 meses-, as obras de reforma do campo de fútbol de Eirís, cos terreos xa valados, aínda non comezaron, segundo denuncia a Asociación Veciñal do barrio.

Esta circunstancia leva o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, a rexistrar un rogo oral ao Executivo coruñés, para a súa lectura no Pleno axendado para o vindeiro xoves 9 de setembro.

“Que o Goberno Municipal poña fin á parálise da reforma do campo de Eirís e adopte as medidas necesarias para que as obras se inicien de inmediato”, así reza o texto desta iniciativa nacionalista.

Na exposición de motivos, Jorquera lembra que “a reforma do campo de fútbol de Eirís é un proxecto que arrinca do mandato anterior, financiado por Estrella Galicia, como compensación á ocupación do antigo campo Agrela 2 para ampliar a fábrica da cervexeira coruñesa”. As obras, entre outras actuacións, contemplan a ampliación do campo, a instalación de céspede artificial e a construción de vestiarios.

Ironiza Jorquera con que unha actuación que cualifica como “modesta” leve camiño de disputar o récord de promesas incumpridas e retrasos nas datas comprometidas «á tantas veces anunciada chegada do AVE a Galiza”.

“Unha situación que non é nova na zona, pois o mesmo ocorre co lindeiro complexo deportivo do Castrillón”, remarca o voceiro nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.