Lugo. Até o 20 de outubro continúa aberto o período de pago voluntario do imposto de circulación

Neste 2021, un total de 72.237 vehículos que tributan ás arcas municipais 5.756.180 euros. “O que converte a rodaxe no segundo imposto municipal máis cuantioso, logo do IBI”.

Ademais, a responsable da área económica do Concello de Lugo convidou á cidadanía a informarse sobre as bonificacións que existen actualmente e ás que poden acollerse para diminuír o importe do tributo.

“Entre os descontos figura unha rebaixa de até o 75% da cota durante tres anos para as persoas propietarias de turismos menos contaminantes como híbridos ou aqueles que empreguen un combustible de baixa incidencia para o medio ambiente (motor eléctrico e/ou emisións nulas, biogás, gas natural, gas líquido, metano, metanol, hidróxeno, gasolina – gas, eléctrico-gasolina, etc)”, indicou Paula Alvarellos.

Igualmente, convidou á poboación a domiciliar os seus recibos dende a sede electrónica municipal (www.lugo.gal). Un procedemento informático habilitado o pasado mes de xuño que permite ás e aos contribuíntes realizar o trámite dunha maneira áxil e sinxela, sen necesidade de aportar ningún tipo de documentación.

“O principal requisito que esixe este sistema é estar en posesión de certificado dixital”, recordou a concelleira que apuntou, entre as vantaxes de empregar a vía telemática, unha maior dilixencia en todo o proceso e que non resulta necesario aportar documento algún. “O único que cómpre facer é asinar unha declaración responsable confirmando a titularidade, ou a autorización da/do titular, da conta bancaria que se facilita”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.