Lugo conta cun novo mural na medianeira do aparcadoiro municipal do Seminario

«Seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable «, explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

O novo mural realizouse utilizando as cores da contorna, o que permitirá, segundo explicou a edil de Cultura, «unha mellor integración entre esta intervención artística e a contorna». O mural plasma unha revisión do mito do Minotauro, mostrándonos a Ariadna cortando o fío co que axudaba a Teseo a escapar do labirinto.

Maite Ferreiro destacou «o éxito» que supuxeron as intervencións do primeiro culturbán, que leváronnos a apostar por unha segunda edición con ampliada en propostas para «continuar a traballar para mellorar con arte a imaxe das rúas de Lugo». Durante o verán deuse comezo a esta segunda edición do Culturbán co Combate Mural celebrado en agosto e as exposicións de fotografía «Xanelas abertas» que luciron nas fiestras do Círculo das artes durante os meses estivais

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.