Mondoñedo e Lugo acollen esta fin de semana funcións gratuítas da comedia clásica ‘Abre el ojo’, de Francisco de Rojas Zorrilla

Camiño Escena Norte continúa a súa andaina en Galicia esta fin de semana co espectáculo da compañía asturiana A66 Producciones, que tamén ofrecerá o domingo 19 un obradoiro de ritmo versal e participará nun encontro co público

O programa de intercambio cultural Camiño Escena Norte continúa a súa andaina por terras galegas. Esta fin de semana a provincia de Lugo acolle novas funcións do seu programa de exhibición aberto ao público, nomeado Itinerario Constelacións, e que o proxecto interterritorial ofrece nas catro comunidades autónomas implicadas na iniciativa: Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.
A compañía asturiana A66 Producciones levará o seu espectáculo Abre el ojo, de Francisco de Rojas Zorrilla, ás localidades de Mondoñedo e Lugo. A primeira función desta comedia clásica será o sábado 18 na praza da Catedral de Mondoñedo (no caso de choiva a actuación trasladarase ao interior do auditorio Pascual Veiga), mentres que o domingo 19 a función terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire, de Lugo. Abre el ojo presenta unha comedia na que as personaxes protagonistas de Don Clemente e Dona Clara, xunto cos seus respectivos amantes, se ven envoltos en situacións de enredo hilarantes nas que os celos, as escusas e as inútiles manobras para escapar de tesituras comprometidas, conforman unha comedia elegante e divertida. Ademais, coa intención de contextualizar e visualizar esta comedia clásica do século áureo, a compañía realizará, na xornada do domingo dúas actividades paralelas dirixidas ao público xeral: un obradoiro de ritmo versal, nomeado A fala dos clásicos; e un encontro co público ao remate da función..

Xa o luns 20, Camiño Escena Norte continuará coa súa actividade en liña a través dos coloquios profesionais abertos ao público que teñen lugar todos os luns, até o 3 de outubro, no Youtube do proxecto. Esta semana o debate xirará arredor dos modelos de funcionamento e retos de futuro dos circuítos profesionais de distribución de artes escénicas, no que participarán María Paredes Rodríguez (coordinadora da RGTA, Agadic/Xunta de Galicia), un representante do circuíto Danza a Escena (promovido polo INAEM) e Gonzalo Moreno (xerente e secretario xeral Assitej-España).

Axenda Camiño Escena Norte 2021 – 18, 19 e 20 de setembro

18.09.2021 | 20.00 h. Praza da Catedral, Mondoñedo (se chove: Auditorio Pascual Veiga). Entrada libre. A66 Producciones (Asturias). Abre el ojo, de Francisco de Rojas Zorrilla

19.09.2021 | 11.30 a 14.00 horas no vestíbulo do Auditorio Gustavo Freire de Lugo
A fala dos clásicos. Obradoiro de ritmo versal en texto e accións. Impartido por Isabel Marcos e César Alonso, de A66 Producciones (Asturias).

19.09.2021 | 18.30 horas. Auditorio Gustavo Freire, Lugo. Entrada libre (previa retirada de convites en www.entradaslugo.es, máximo 2 por persoa. Ao finalizar haberá encontro entre público e compañía. A66 Producciones (Asturias). Abre el ojo, de Francisco de Rojas Zorrilla

20.09.2021 | 20.00 h. Canle de Youtube de Camiño Escena Norte
Circuítos escénicos profesionais de distribución de artes escénicas: modelos de funcionamiento e retos de futuro. Conversa en liña. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.